“Violencias invisibles; trata con fins de explotación sexual”

  • Santiago sede da V Xornada Galega Contra a Trata

Unha representación do Programa Vagalume de Cáritas Diocesana de Santiago-Oblatas, encabezada pola asesora xurídica Beatriz García, participaran na V Xornada Galegas Contra a Trata, que na presente edición celebrase en Santiago e terá como tema central : “Violencias invisibles;  trata  con fins  de explotación sexual”. O encontro pretende ser unha   reflexión sobre a suficiencia do Plan Integral contra Tráta en España, e para debater sobre a utilidade das ferramentas de intervención dispoñibles hoxe en día para os organismos e entidades dentro do ámbito legal, social, e sanitario desde unha perspectiva de xénero e dereitos humanos.

Problema global

“Trata”, dise na presentación, “é un problema global moi complexo en continuo cambio, por iso é preciso o estudo permanente do perfil das vítimas, países de orixe e rutas empregadas polos tratantes como elementos esenciais para poder combater esta violación dos dereitos humanos”.

Algúns dos datos que dan conta da gravidade da trata desde unha perspectiva de xénero son:

-84 % das persoas vítimas de trata en Europa son utilizadas con fins de explotación sexual.

-España é un dos principais países de destino.

-80 % das vítimas identificadas son mulleres e nenas.

-Unha de cada sete mulleres que están en situación de prostitución en toda Europa é vítima de Trata de persoas.

-Esta media aumenta se ademais falamos de explotación sexual.

Sensibilización e conciencia

A xornada celebrase nas dependencias do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) o xoves, día 19 iniciándose ás 9,45 horas contando coa presenza de Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade , e Lorena Neto Igrexas, portavoz da Rede  Galega.

O longo do día vanse a presentar dous relatorios, actividades de sensibilización para a tomas de conciencia, unha conversación entre profesionais do sector, e as boas practicas onde se analizará o proxecto europeo da Xunta de Galicia.

Rede Galega

A Rede Galega Contra a Trata Sexual integrada  está por once entidades sociais da comunidade autónoma e foi creada no ano 2008 co fin de ser un instrumento de coordinación entre a organización integrantes da rede, sendo tamén unha plataforma asemblearia de denuncia e incidente política na loita contra a trata de persoas. Asimesmo promoven a formación interna das organizacións e externa dos axentes implicados; fan un seguimento da aplicación da lexislación existente; presentan propostas e estratexias na loita contra trátaa de ser humanos, e impulsan un rexistro de vulneracións.

Forman parte deste colectivo asembleario: Fundación Amaranta Ourense, Faraxa Vigo, Aliade Lugo, Médicos do Mundo Galicia, Ecos do Sur Galicia, Cáritas Diocesana Lugo, Cáritas Diocesana Ourense, ACCEM Galicia, O Mencer Oblatas Ferrol, Programa Vagalume de Cáritas Diocesana Santiago-Oblatas, e a investigadora Social Silvia Pérez Freire.