Mercadillo solidario de la Asociación Centinelas

La Asociación Centinelas organiza para el próximo sábado dí­a 27 de mayo  un Mercadillo Solidario, que tendrá como marco el claustro del convento de San Francisco, en Santiago. Habrá complementos, ropa, juguetes, bisuterí­a, artesaní­a, libros y muchas sorpresas y regalos. En la página web de la Asociación Centinelas, se indica que se trata de “unha entidade apolí­tica, aconfesional e sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos sociais da Xunta de Galicia. A súa constitución ten lugar no ano 2013 na cidade de Santiago de Compostela como resposta a unha demanda social crecente: a de prestar un apoio integral a mulleres e familias que por diversas razóns se atopan en situación de vulnerabilidade social e en grave risco de exclusión. Na actualidade presta atención a máis dun centenar de familias residentes en Santiago e concellos limí­trofes, e conta cun equipo humano cualificado para ofrecer unha atención integral que inclúe apoio psicolóxico, mediación familiar e intercultural, espazos para a conciliación familiar, formación, atención socioeducativa a menores, entre outros. Ademais, Centinelas xestiona un banco de recursos e axudas de atención básica á infancia, no que participa persoal voluntario e que á posible grazas á implicación de persoas e entidades colaboradoras. Todas as actividades que se desenvolven na asociación fan que Centinelas constitúa un centro de referencia para estas familias. A proximidade no trato, a resolución dos seus problemas e a sensibilidade ás dificultades especí­ficas das mulleres son as que fan posible esta confianza”.

Compartir: