María Xesús Castro, «….. PARA UN AMIGO»

Simón Lemiña Cores, naceu en Vilanova de Arousa, na parroquia de San Cibrán, hai 27 anos.

O vindeiro día 2 de xullo, nunha cerimonia solemne na Catedral de Santiago, será ordenado sacerdote, canda outros dous compañeiros. Simón cumprirá un soño que ten dende os 3 anos.

O seu caso é ben curioso porque naceu nunha fami- lia que non é moi crente nin moi practicante. Nunca o levaron a unha igrexa, pero o destino quixo que con só tres anos visitase a igrexa de Muros. Alí unha imaxe de Cristo crucificado impactouno tanto que a partir dese momento comezou unha inquietude nel, que co paso dos anos, non fixo máis que consolidarse.

Primeiro asistía á misa cunha veciña, logo chegou a súa primeira comuñón, despois foi acólito e máis tarde entrou no Seminario Menor. En todo este tempo, e a pesar de non ser crentes, os pais sempre o apoiaron.

Claro que no caso de Simón era moi díficil non apoialo. Dende pequeno todolos seus xogos xiraron ó redor dos actos litúrxicos. Na casa xogaba a ser sacerdote e oficiaba cerimonias en plena rúa; non tiña nin dez anos. Hoxe os amigos amósanlle fotos da época.

En todos estes anos só tivo un momento de dúbidas. Tiña 16 anos e os amigos insistíanlle en que deixase de ir á igrexa para ir con eles ás festas. Hoxe recoñece que durante o ano que lles fixo caso non foi feliz porque o seu corazón non estaba con eles.

Ata hoxe foi atopando distintas pedras no camiño, pero insiste en que isto só fixo que saíse máis fortalecido para seguir a súa formacion relixiosa. Neste sentido, salienta a importancia de ter pasado un ano na parroquia de San Francisco Xavier e poder vivir o día a día dunha parro- quia dunha cidade. Declara que él tiña a idea de que non había tanta convivencia porque cada- quén podía ir á misa onde se atopase e non necesitaba ir á mesma igrexa, como podería ser nunha aldea ou nunha vila. Unha idea que mudou completamente porque á fronte desta parro- quia coruñesa está don Severino Suárez, persoa á que admiro moito, e ademais ten moitos cola- boradores que traballan a diario en beneficio da comunidade.

A partir de agora, insiste en que toda a súa loita será poñer en práctica o aprendido: axudar a todos, saber escoitar e tentar atraer o maior número de mozos e mozas á parroquia ou parro- quias nas que traballe, porque xa se sabe que a falta de vocacións está obrigando a que cada un dos sacerdotes atenda varias comunidades.

Na parroquia  de San Francisco  Xavier  deixa  moitos  amigos  e amigas.  Todos lle  desexan moita sorte porque Simón era un pouco o neto, fillo e curmán que todos desexaríamos ter.

Fuente: Pobo de Deus Nº 797

Compartir:
Etiquetado como